Na aula temos un novo recuncho do que disfrutar; trátase da mesa sensorial, unha ferramenta que serve para aprender mentres os nenos xogan, experimentan e se divirten empregando as mans e diversidade de utensilios para a manipulación dos materiais que teña dentro. É un excelente recurso para aumentar a curiosidade, atención, concentración e o desexo pola aprendizaxe, promove o pensamento lóxico, estimula a comunicación tanto verbal coma non verbal,...as mesas sensoriais achegan moitos beneficios, entre os cales se atopan: favorecer a estimulación multisensorial, aumentar a creatividade e imaxinación, desenvolver a motricidade fina e a coordinación óculo-manual, achegar sensacións, percepcións e experiencias que se transforman en coñecemento, poder familiarizarse con aspectos como a cor, forma, volume, textura, peso, temperatura da materia, fomentar a autonomía,...
A nosa primeira mesa sensorial está adicada ao outono. Ten como base lentellas e garavanzos, follas troqueladas en madeira e Nins (con cousas típicas de outono e forma de cogomelos). O día que a preparamos coincidiu que Roi trouxo landras ao cole e decidimos incluílas na mesa.
Pasan por ela de xeito voluntario ao longo do día e xogan de xeito libre.
Como me gusta esa mesa sensorial y todo lo que hacen estos peques y la profe Ana. Un saludo
ResponderEliminar