viernes, 19 de junio de 2020

Cápsula do Tempo

Rematamos os días lectivos dun terceiro trimestre que nunca olvidaremos. Un fin de curso moi diferente ao que estamos acostumbrados, sen festival e sen bicos nin abrazos de despedida.
Pero todo pasa e pronto poderemos volver a xuntarnos para xogar e disfrutar.
A última proposta que vos fago consiste en facer unha cápsula do tempo
#euquedonacasa
Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas.
 Elixide unha caixa de metal, de madeira ou de cartón non moi grande. Escollede  aqueles obxectos que foran especiais para vós durante estes meses na casa. Podedes incluir fotos, algún traballo do cole, un xoguete,... todo aquilo que vos lembre momentos especiais.
Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pechádea ben e gardádea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra. Buscade un lugar onde enterrar a vosa cápsula (cavade un foxo profundo para que estea bo protexida e non se atope facilmente). Pode ser no monte, no voso xardín ou escondida nalgún lugar da vosa casa. soamente poderá ser descuberta dentro duns anos.
As actividades impresas están recollidas da páxina "universo-mini.com" e poden darvos algunha idea para incluir na vosa cápsula do tempo.




Seguiremos en contacto polo blogue e a través do wasap. En breve avisareivos de cando podedes pasarvos polo cole a recoller os traballos dos nenos e nenas que quedaron pendentes do segundo trimestre, mandilóns, material do recuncho,...

jueves, 18 de junio de 2020

A Semana en Imaxes


Mandalas

A proposta de hoxe consiste en relaxarnos facendo mandalas
#euquedonacasa

Vamos a pintar mandalas en la naturaleza - Uolala
Podedes aproveitar diferentes materiais que teñades pola casa (froitas, verduras, calzado, peines, botes, pinzas do pelo,... todo o que se vos ocorra!) para elaborar o voso mandala ou recollelos durante un paseo (pedras, paus, follas, flores,...)
Afbeeldingsresultaat voor mandala natuur | Natural, Mandalas 
mandala-zapatos-rojos - ADAB 
Mandala de conchitas ^^ | Manualidades, Mandalas, Mosaicos 
Deixade voar a vosa imaxinación e creade un fantástico mandala!
Despois de facelo podedes probar a debuxalo e colorealo.
Non esquezades compartilo nunha foto.
Tedes novas actualizacións na web do cole
COLE ROSALÍA
ENGLISH
AUDICIÓN E LINGUAXE
BIBLIOTECA
AULA BAOBAB

miércoles, 17 de junio de 2020

Unha Orella Verde

A proposta de hoxe consiste en averiguar se os adultos teñen ou non unha orella verde
#euquedonacasa
Esta pregunta vai dirixida a todos os adultos que visitades o blogue: tedes vós tamén unha orella verde? unha porta aberta ao mundo dos nenos, que vos permita gozar do sinxelo, sorprendervos do cotián, crer na fantasía, no misterioso e no imposible?
 Aproveitemos a experiencia que nos tocou vivir para seguir coidando e adestrando esa orella verde que, de seguro apareceu durante estes meses e manteñamos vivo o neno que todos levamos dentro.

martes, 16 de junio de 2020

Verán

Xa se achegan as vacacións máis divertidas do ano

E para festexalo propóñovos que gravedes un vídeo para compartir con todos os compañeiros e compañeiras
#euquedonacasa

lunes, 15 de junio de 2020

Moito Ollo !

A proposta de hoxe consiste en traballar a agudeza visual
#euquedonacasa
 Aí van algúns xogos de inxenio para comprobar a vosa agudeza visual
ATOPA O NÚMERO 2
PODES VER UN CACHORRO?
QUE NÚMERO DISTINGUES DENTRO DOS CÍRCULOS?
MIRA FIXAMENTE ESTA IMAXE. MÓVESE OU NON?
ATOPA O NÚMERO 7
ATOPA A IMAXE DIFERENTE
Podes xogar online nos seguintes enlaces
ATOPA AS DIFERENZAS
SON IGUAIS?
GALERÍA TOLA



viernes, 12 de junio de 2020

Monstros

A proposta de hoxe consiste en converternos en monstros
#euquedonacasa
De seguro que coñecedes un montón de contos onde o protagonista é un monstro. Cal é o voso favorito? por que? 
Animádevos e mandade un vídeo explicando como sería o voso aspecto si fósedes un monstro, onde viviríades, cal sería o voso nome, os vosos amigos, a vosa comida favorita,... O conto "Si yo fuera monstruo" pode darvos algunhas ideas.


jueves, 11 de junio de 2020

A Prehistoria

Hoxe propóñovos volver á Prehistoria
#euquedonacasa
Facemos as nosas propias pinturas rupestres?
necesitamos unha botella reciclada que funcione con esprai. Énchea de pintura aguada e rocíate a man sobre un papel para facer a túa pintura rupestre.
 Tamén o podes facer cun cepillo de dentes.



miércoles, 10 de junio de 2020

Cociñamos

A proposta de hoxe consiste en elaborar deliciosas brochetas
#euquedonacasa
A primeira elaboración que vos propoño está recollida no libro "La cocina de dibujos" de Herve Tullet; trátase dunha brocheta de formas. 
Para a segunda parte da actividade a proposta consiste en convertervos en chefs e elaborar unha deliciosa brocheta de froitas. 
Animádevos a mandar un vídeo do proceso.
🍡🍢📹

martes, 9 de junio de 2020

Bubela

Investigamos?
#euquedonacasa
Hoxe propóñovos coñecer un pouco mellor un paxaro que, con un pouco de sorte, tedes visto buscando comida nalgún campo cerca das vosas casas: a bubela.
Xogamos?

Disfrutade agora do conto "Pájaros en la Cabeza"
No cole, Sofía fai unha serie de preguntas á súa mestra, facéndolle expor se a nosa vida é realmente libre. Finalmente a mestra quedará cun dos paxaros que Sofía ten na cabeza e que termina por regalarlle para que a mestra mesma cuestione a súa forma de estar no mundo.
Sofía exponnos certas preguntas que nos obrigan a ver o mundo desde outra perspectiva:
por que os maiores sempre teñen présa?
podes medir unha nube?
canto tempo dura un soño?
Que adulto se anima a darlles resposta?😉


lunes, 8 de junio de 2020

A Semana en Imaxes



Os Océanos

A proposta de hoxe consiste en conmemorar o Día Mundial dos Océanos
#euquedonacasa
  
Antes de traballar con algún do material impreso, podedes pasar un rato divertido con varios xogos que vos propoño, e mentres traballades podedes escoitar estas cancións


viernes, 5 de junio de 2020

Que lle pasa ao Planeta?

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente
Como levas a elaboración da guía con consellos para coidar o noso Planeta?
Xa pensaches a quen lla vas regalar?
Despois de ver o conto "¿Qué le pasa al Planeta? seguro que se che ocorren moitas ideas para coidalo moito mellor. Podes escribilas nas páxinas da túa guía.

Anímate a facer un vídeo onde expliques as túas ideas, algún consello,... e todo o que se che ocorra  para coidar a Terra. E se che apetece enviar fotos  poñendo en práctica algún dos consellos que se dan na guía que estás a elaborar (apagando as luces, dando un paseo sen usar o coche, reciclando, levando as túas bolsas ao super,...), tamén serán benvidas.
#euquedonacasa

jueves, 4 de junio de 2020

Medio Ambiente

Mañá venres celebramos o Día mundial do Medio Ambiente. 
Que vos parece se nos imos preparando para festexalo?
A proposta de hoxe consiste en empezar a elaborar unha guía con consellos para coidar o noso planeta. 
 #euquedonacasa
Vai facendo pouco a pouco as follas que a compoñen; para conseguir elaborala debes paxinalas, recortalas e montalas. Unha vez rematada podes regalarlla a quen tí queiras e explicarlle os consellos que se recollen nela.
Tedes novas actualizacións na web do cole
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL
ENGLISH
AULA BAOBAB
BIBLIOTECA

miércoles, 3 de junio de 2020

Bicicleta

Hoxe, 3 de xuño celebramos o Día Mundial da Bicicleta
A proposta de hoxe será festexalo, como non pode ser doutra forma, cun paseo en bici
#euquedonacasa
Para que non teñamos ningún percance durante o noso paseo debemos de ter moi en conta algunhas normas básicas de circulación vial que podedes practicar con este xogo interactivo
As actividades que podedes descargar a continuación inclúen un xogo de mesa (Oca da bicicleta Cleta), un exercicio de imaxinación no que debedes inventar novos significados para os sinais de tráfico e unha actividade impresa coa que recordar algunhas das normas que deberemos cumprir durante o noso paseo.


martes, 2 de junio de 2020

Código Secreto

A proposta de hoxe consiste en descifrar mensaxes a partir don código secreto.
#euquedonacasa
Adestraremos habilidades de comprensión lectora mentres nos divertimos descifrando mensaxes, comprenderemos o sentido da unión de símbolos ou debuxos para formar mensaxes, favoreceremos a reflexión sobre as diferentes letras, os seus sons e as palabras nas que aparecen e espertaremos o interese e gusto pola lectura.
No pdf que vos adxunto podedes atopar o Código Secreto da Sementeira e unha mensaxe da profe para que descifredes. Animádevos a compartir a vosa mensaxe para que a poidamos descifrar nas casas.


lunes, 1 de junio de 2020

Proxecto Ríos


Xuño

Xa que hoxe empezamos semana e mes, a proposta será coñecer algunhas das datas sinaladas do mes de xuño.
#euquedonacasa
As actividades que vos propoño son realizar unha tarefa escrita (que xa ven sendo unha rutina cada primeiro de mes) para coñecer as datas sinaladas en xuño, elaborar un rexistro do tempo mensual (podedes pegar o registro na neveira e  cada día anotar se fixo sol, se choveu,...), e traballar vocabulario resolvendo unha sopa de letras.