sábado, 27 de febrero de 2021

Seguimos con Rosalía

Esta semana adicámola por completo á nosa poetisa. O mércores e o xoves fixemos unha actividade impresa na que tiñamos que colorear, picar e pegar flores no pelo de Rosalía. Algúns compañeiros non remataron a tarefa (picar non é o máis divertido do mundo😉) pero os demais deixaron a Rosalía moi guapa para festexar o seu aniversario e ata se animaron a copiar ou repasar o seu nome.


















 O venres a actividade consistiu en picar e pegar as letras que faltaban para completar o nome da poetisa.




























Algunhas das propostas de xogo na aula, e que foron moi ben acollidas, consistían nun crebacabezas sen apoio visual (que non todos conseguiron formar) e nun xogo onde debían ordear as letras do nome de Rosalía en orde, empezando pola R. Gustaron tanto, que pasarán a formar parte dalgún dos recunchos da aula.







 
 













 




























Aproveito para contarvos que as sesións de ioga dos luns seguen sendo todo un éxito e o noso panel de "Froiteamos" cada semana ten máis estrelas.