viernes, 31 de marzo de 2023

O Coelliño de Pascua

 Estes últimos días antes das vacacións tivemos un protagonista claro na Sementeira: o Coelliño de Pascua. Fixemos grafismos creativos e decoramos o corredor
















O xoves visitounos Alba para facer unha ginkana pascueira organizada pola Anpa. Entre tod@s construímos un crebacabezas e levamos de premio ovos de chocolate


























Aroa e Izan tiveron tempo de facer o seu premio do froitómetro. 

Parabéns para estes devoradores de froita !




O venres pasamos toda a mañá pendentes do tempo porque non deixaba de chover e nós agardábamos a visita do coelliño; non había nin rastro del polo que decidimos subir á biblioteca con todos os compis de infantil para ver un curto animado
 









Ao rematar, e como por fin deixara de chover, decidimos saír ao patio e comprobar se o noso amigo se animara a saír do seu tobo para facernos unha visita e,...


SORPRESA !! o patio estaba cheo de ovos de chocolate para os nenos e nenas de infantil do Rosalía ! o Coelliño fixo un ano máis a súa tradicional visita e tod@s marchamos de vacacións che@s de ledicia


























Agora toca disfrutar dunhas merecidas vacacións para voltar con moita ilusión de cara ao último trimestre.
FELICES PASCUAS