sábado, 29 de febrero de 2020

Tres Pitas Brancas

O pasado 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro. Na Sementeira conmemoramos o seu nacemento escribindo, ilustrando e recitando un dos seus poemas.

jueves, 27 de febrero de 2020

Entroido Arboretum

Os últimos días antes da gran festa de Entroido foron moi divertidos na aula. As últimas mandas do meco non quedaron sen cumprir e tod@s trouxemos os calcetíns máis coloridos.
O xoves todas as mandas acumuladas: roupa do revés, nariz pintado e calcetíns de cores.
Decoramos o carro no que ía a megafonía o día do Festival.
E o venres foi o día do ENTROIDO ARBORETUM. Fadas dos bosques, paxaros tropicais, animais que metían medo (e outros non tanto), unha árbore andante... e ata Robin Hood fixeron acto de presenza na Sementeira.
Tivemos o tempo xusto de sacar as fotos porque ás 10:30 da mañá saímos cara Padrón nun desfile que encheu de cor e alegría a nosa vila.
Na Praza de Macía repuxemos forzas para poder seguir coa festa !
E unha vez no cole merendamos tod@s xunt@s
 FOI UN DÍA XENIAL !
VIVA O ENTROIDO !