domingo, 23 de junio de 2013

PECHADO POR VACACIÓNS


Marchamos de Vacacións

Despois de todo un ano de traballo, toca disfrutrar dunhas merecidas vacacións. O último día de cole serviunos para despedirnos e, co festeir@s que somos, facer unha última comilona antes de marchar a facer castelos de area, comer xeados ata que nos estoupe a barriga, non deixar durmir a siesta aos papis,...en fin todo eso que facemos durante os meses de verán

¡FELICES VACACIÓNS!

VÉMONOS EN SETEMBRO

Festival de Fin de Curso

O xoves día 20 celebramos o fin de curso cunha festa por todo o alto. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos os primeiros en actuar; nin que dicir ten que bailamos de rechupete (ou eso pensan as profes).   ¡A nosa actuación foi das mellores!
 Despois disfrutamos coas coreografías dos outros cursos e aplaudimos un montón
 Ao rematar o festival unha nube de paparazzis inmortalizaron nas súas cámaras este feliz acontecemento. Tan concentrados estaban na súa tarefa, que non se decataron de que eles tamén estaban a ser fotografiados 

sábado, 22 de junio de 2013

Excursión a Seira

O mércores 19 foi un día moi especial para os nenos e nenas de infantil do cole Rosalía, porque fixemos unha excursión ata a Casa do Bispo, en Seira para coñecer un pouquiño mellor a profesión do escultor Camilo Seira e, de paso, facer un percorrido pola horta da casa e ver todos os animais que alí teñen os papás da nosa compañeira Carmen.
 Prestamos moita atención as explicacións de Nina e comezamos a visita
esta é Luna e acompañounos durante toda a mañá
 O primeiro que fixemos foi deixar as nosas merenda a bo recaudo, non fose a ser que a Luna lle entrase unha fame repentina  ;)
Despois tocou o turno das presentacións e coñecemos a Camilo.
Decidimos dividirnos en dous grupos para comezar a visita e así, mentras un grupo visitaba o taller o resto foron a ver os animais. Visitade os blogues dos Pementeiros e do Paseo do Espolón para ver todas as fotos!
 Soamente puideron aventurarse pola herba mollada os nenos e nenas que levaban botas de auga.
 O primeiro animal que coñecemos foi este fermoso mapache
 Despois chegou voando un paxaro que un bo día se quedou a vivir no hórreo da casa
O estanque cos cisnes era precioso. E ata houbo alguén que se levou de recordo algún tesouro en forma de pluma
 Coñecemos a Frida Kahlo e Diego Rivera
 Bacon é un porco celta moi larpeiro porque... sabedes cal é a súa comida favorita? o chocolate!!
 Bacon recoñece as persoas polo seu olor corporal e Candela, que o coñece, achegouse a saudar ao seu amigo
 Antes de achegarnos a ver os parrulos, as crías de oca e un flamante pavo saíron ao noso encontro. E nós encantad@s, claro!
 A casa das quicas gustounos moito pero a elas non as vimos porque andaban de paseo pola carballeira. Teñen unha vida moi estresante estas galiñas, non si?
 Despois tocoulle o turno as ovellas, galiñas, pombas, coellos,... bufff a estas alturas xa perdimos a conta dos animais que teñen na Casa do Bispo
E finalmente chegamos ata a carballeira, onde están os cabalos e... unha casa na árbore!
Aquí cambiamos de guía e marchamos con Camilo a ver o seu taller. Tivemos que atravesar un bosque de bambú

 No taller recibimos as explicacións de Camilo.
Cando quere facer unha escultura o primeiro que fai é un bosquexo nun papel
Despois empregando alambre e arxila modela a figura
Tomamos boa nota de todo o que nos estaba a contar. Seguro que cando xoguemos coa plastilina nos acordaremos de Camilo
Tamén nos contou que fai esculturas con caca de vaca, e a tod@s nos sorprendeu moito. Estivemos tocando e ulindo este material de modelaxe tan curioso
Gústalle moito facer figuras de gaiteiros; incluso ten unha marioneta
Para traballar a pedra emprega diversas ferramentas: cinceis, punteiros, mazas,...

E cando traballa a madeira utiliza unha motoserra pequena
Pinta cadros con diferentes texturas, que nos deixou acariñar
Amosounos un montón de pezas que forman parte da súa colección e contounos a historia dalgunha delas. Impresionáronnos: cabezas sentadas nun banco, nenas asomando polas fiestras, flores xigantes,...
Este gato está feito a partir dun debuxo que fixo Martín, o seu sobriño, cando tiña 4 anos


 E se pensades que aquí rematou a xornada, estades moi equivocad@s, porque o seguinte que fixemos foi xuntarnos tod@s para merendar. E de postre, un xeado xentileza da Casa do Bispo. Así da gusto!

A avoa de Carmen amosounos os diferentes tipos e tamaños de ovos que teñen na casa

Non temos palabras para agradecer á familia de Carmen, papá, mamá e avós polo cariño con que nos trataron, todo o que aprendimos con eles e o trato que recibimos. Moitísimas GRAZAS! Pasamos unha mañán fantástica que gardaremos para sempre no recordo.