miércoles, 24 de abril de 2024

Día do libro

 Este martes día 23 conmemoramos o Día Internacional do Libro e dende a semana pasada na Sementeira estamos a traballar en dita celebración; coñecemos a lenda de "San Jorge e o dragón" e fixemos diversas actividades relacionadas con esta temática: contamos o conto e vimos curtas en internet

As propostas de xogo libre estiveron moi concorridas. Onde haxa dragóns e cabaleiros o éxito de participación está asegurado 😉






















 































 













































 
Elaboramos un pequeno mural para o corredor de infantil; debuxamos a rosa que nace da sangue do dragón aprendendo a facer espirais e coloreamos con témpera sólida que despois difuminamos con pinceis. Tamén coloreamos un debuxo con acuarelas. Estamos feit@s uns artistas!


















































Recibimos a visita do alumnado do C.P.I. de Pontecesures, que nos deleitou cunha representación en Kamishibai que en japonés, quere decir “teatro de papel"
 













Os compis de sexto de primaria do Rosalía invitáronnos a unha sesión de contacontos no patio e pasaron un rato connosco recordando vellos tempos pois son antigos Sementeiros e Sementeiras











Visitamos a feira do libro organizada na biblioteca e mercamos un conto para o noso recuncho do espazo








Foron uns días repletiños de actividades que disfrutamos a tope na Sementeira!
 
E tamén tivemos tempo de levar para casa o noso periódico "Novas de Infantil",...
 





... e de festexar o aniversario de JARA, que xa ten catro anos!