Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2015. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2015

Letras Galegas e Contancontos

O xoves pasado celebramos por adiantado no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Dous compañeiros de 6º, caracterizados como Rosalía de Castro e Xosé Filgueira Valverde, contáronnos cousas da vida e obra dos dous autores galegos.
Rosalía e Xosé fixeron entrega dos premios aos gañadores do concurso e actividades organizadas sobre o homenaxeado. En infantil gañaron Jésica e Leo.
Tamén nos visitou a familia de IRIA.
Viñeron a contarnos o conto "Antón e o apalpador"
 A irmá pequena de Iria, Sara, portouse moi ben e estivo moi atenta a todo o que pasaba ao seu arredor
 Cando o papi de Iria rematou o conto, a súa mami mostrounos as ilustracións
E ao rematar, de regalo, o diploma sementeiro
Os papás de Iria trouxeron unha bandexa de lambetadas para compartir nos equipos
Moitas Grazas!!

lunes, 11 de mayo de 2015

Preparando as Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas, que celebramos o vindeiro día 17 de maio, está adicado a ...
1265-131215-a-XOSE FILGUEIRA VALVERDE
 Xosé Filgueira Valverde, homenajeado Letras Galegas 2015
No corredor do cole temos unha pequena exposición sobre o autor, que estivemos visitando o venres pasado despois de subir á biblioteca.
O Equipo de Dinamización da Lingua organizou un concurso sobre o autor e hoxe pola mañá os compis que quixeron participar (o vernes levamos tod@s as bases) depositaron a papeleta no buzón.