Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de noviembre de 2015

Unha Festa Terrorífica

O xoves pasado vivimos un día monstruosamente divertido no cole. Festexamos o Samaín e o Magosto rodeados dun gran ambiente festivo ao que contribuíu a  festa de disfraces que fixemos. Chegamos disfrazad@s e posamos para o photocall como auténtic@s profesionais. Este foi o resultado
A merenda resultou todo un éxito. Quero agradecer a todas as familias participantes a súa implicación coa temática da festa e felicitarvos pola vosa imaxinación á hora de elaborar este "menú monstruoso". As larpeiradas estaban todas... DE MEDO !!
Despois de repoñer forzas estivemos no ximnasio xogando cos zancos, facendo un circuito de psicomotricidade e encestando castañas. Pasámolo moi ben.
Pola tarde chegou a hora de celebrar o Magosto. Tiñamos previsto xuntarnos todo o alumnado do cole para comer as castañas pero estivo unha tarde de moita choiva e tivemos que facer a comilona dentro. Como non temos un espazo onde caibamos tod@s, Educación Infantil trasladou a festa novamente á aula de Psicomotricidade. Alí demos boa conta dun montón de castañas asadas.
Os nosos cestos non podían ser máis bonitos, non vos parece?



Tamén se fixo entrega do premio á mellor bruxa. Resultou gañadora a nosa compañeira ABRIL, da clase de 4 anos. Parabéns !!
 Foi un día monstruosamente divertido
 
Eu sei de algunhas bruxas que esa noite durmiron a perna solta...