jueves, 19 de diciembre de 2019

Contacontos e Cumples

O pasado 5 de decembro visitounos Sonia, a mami do noso compañeiro Lois, e contounos un conto co que coñecemos un personaxe da Serra do Courel que no Nadal apalpa as barrigas dos nenos e nenas para saber se comeron ben antes de deixarlles un regalo: o Apalpador.
Ao rematar o conto, diploma para Sonia e regalo para tod@s: deliciosas galletas !
Celebramos os últimos aniversarios do ano.
PAULA chegou encantada con moitas galletas e un biscoito caseiro para compartir cos compis e as profes.
Este mércores OLIVIA festexou tamén o seu aniversario pois o día real en que cumpre os cinco anos, estaremos de vacacións de Nadal.
 Trouxo galletas caseiras que estaban deliciosas.

martes, 10 de diciembre de 2019

Ioga

Seguimos coas sesións de ioga. 
Practicamos posturas que facilitan a nosa relaxación co libro "Buenas noches Yoga"
Xogamos coas tarxetas de "Yoguitos" a adiviñar a postura que lle tocou ao compañeiro/a e practicámola.