Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2020

Amor

Canto amor se respira estes días na Sementeira !
💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓
Falamos do que era, de como nos fai sentir,... lemos poemas e contos, e disfrutamos moito con algunha que outra sorpresa 💖💗💕
Carlota trouxo corazóns para todos os compis e profes. Moitas grazas !
E para rematar a semana larpeirada para tod@s !
Por certo, lembrade que o próximo luns empezan as Mandas do Meco. Este ano organizouse un concurso para escollelas e catro dos Sementeiros animáronse a participar. Moitas grazas !

                Para ir abrindo boca IZAN e PAULA trouxeron orellas feitas por eles mesmos. Estaban deliciosas.
PAULA está feita unha reposteira de primeira categoría e tamén nos deleitou cunhas ricas galletas.
LEMBRADE:
 O LUNS comeza o Entroido no cole e temos que vir,... COA ROUPA DO REVÉS !

miércoles, 12 de febrero de 2020

Un Mundo Mellor

Búscanse superheroes para un mundo mellor.  
E onde os podedes atopar?
 na Sementeira por suposto
Aquí están !
Atopar tanto superheroe e superheroína non foi tarefa sinxela. Levounos varias semanas reunir tantos poderes, escoller nomes e pensar como empregar o noso poder para mellorar o mundo; pero por fin vos podemos amosar o resultado 😀