O noso segundo día no cole foi unha auténtica aventura! Hoxe os peques de 3 anos fixéronse duns valentes e lanzáronse a explorar por primeira vez o patio e a aula de psicomotricidade. ¡Non pararon de correr, saltar e investigar cada recuncho!
Ao chegar fixemos uso por primeira vez dos percheiros e das caixas para gardar os abrigos e colgar as mochilas
O mellor de todo foi ver como compartimos os xoguetes entre tod@s en gran grupo, sen ningunha discusión nin o máis mínimo problema. ¡Son uns compañeiros fantásticos!
Xuntámonos tod@s para escoitar un conto súper divertido. Pasámolo tan ben e estivemos tan entretidos que, vaia, non nos deu tempo nin de sacar unha foto para ensinarvos de recordo!
Para recargar enerxías, merendamos todos xuntos. Demostraron unha capacidade de adaptación incrible e unha autonomía que me deixou coa boca aberta para o pouco que leva comezado o curso.
Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer a un montón de compañeiros novos e tamén ás profes que os van acompañar nesta viaxe
O momento do patio foi unha tolería de diversión; descubrimos o areeiro e os tobogáns, e disfrutamos do xogo libre
Despois de descansar un pouco e beber moito, estivemos na aula de usos múltiples disfrutando dun circuíto psicomotriz
Cara o final do día xa se empezaba a notar un chisquiño o cansanzo de tantas emocións xuntas. Estou súper orgullosa e feliz co día de hoxe, e xa estou desexando que chegue mañá, porque seguro que vai ser outro gran día. ¡Seguimos sumando momentos xuntos!







































































