martes, 12 de febrero de 2013

Festa de Entroido

 O venres día 8 celebramos o Entroido no cole cunha festa moi especial. Pola mañán chegaron @s verdadeir@s protagonistas do día: @s cantantes, que tiveron unha actuación moi aplaudida por todos os compañeiros e compañeiras do cole. Pasámolo estupendamente, bailamos, cantamos e rimos un montón. Aquí tendes as fotos do día.
Primeiro fixemos as fotos de benvida na aula:
 Despois, o Photocall. Aquí temos madeira de artistas eh?
E chegou o momento estelar: o noso desfile
 Despois disfrutamos moito do festival.
Gustáronnos moito as actuacións dos maiores.
 Aquí vos deixo un vídeo das nosas compañeiras máis bailonas
E non podía faltar a xa tradicional merendola de entroido.
Moitas grazas polas vosas portacións culinarias!
Estaba todo de rechupete: filloas con chocolate, flores, rosquillas, moreas de orellas,....


Para rematar, unhas fotos d@s profes que tamén quixeron posar no photocall