sábado, 30 de noviembre de 2019

O Amazonas

Lendo un conto descubrimos un lugar novo: o Amazonas
 E descubrimos que tamén lle chaman o pulmón do planeta Terra
Investigamos un pouco e atopamos un documental que nos mantivo cos ollos ben abertos e co que aprendemos un montón de cousas.
Despois tivemos que debuxar e escribir o nome dalgúns dos animais que se mencionaban no documental e que máis chamaran a nosa atención.
Tamén anotamos unha palabra nova na nosa lista: a capa do dosel; preguntade aos Sementeiros e Sementeiras polo seu significado 😉

viernes, 29 de noviembre de 2019

Lectoescritura e Motricidade Fina

Seguimos xogando coas letras. Temos unha estantería chea de recursos para pasar un bo rato rodead@s de letras.
Traballamos tamén a motricidade fina debullando unhas espigas de millo,...
... e recortando con tesoiras as pezas dun quebracabezas que tivemos que pegar de xeito ordeado despois nun folio.