Mostrando entradas con la etiqueta habilidades manipulativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta habilidades manipulativas. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de septiembre de 2019

Grafismos e Paco

Hoxe adicamos o día a traballar no dominio da nosa motricidade fina e o trazo realizando grafismos: no espazo, en papel, coa plasti,... Este tipo de actividades axudan a prepararnos para a adquisición da lectorescritura e o trazo das letras minúsculas.
Aquí está o resultado dos nosos grafismos creativos
Sen embargo á hora de facelo coa plastilina, non resultou tan doado como podería parecer nun primeiro momento. Ao principio realizamos o trazo debuxándoo na plasti pero eso non era o que pedía a profe,...
Demos co truco despois de escoitar algún que outro consello.
 Ao principio non gustou moito iso de ter que pensar un pouco,... pero ao final ata se animaron a decorar as súas producións.
Hoxe tamén visitamos a biblioteca do cole e coñecemos a Paco, un rapaz ben curioso e un pouco preguiceiro.