jueves, 31 de octubre de 2013

Contos de Medo

Este martes tivemos unha tarde moi especial no cole porque os nosos compañeiros e compañeiras  maiores viñeron a contarnos...¡CONTOS DE MEDO!
O que máis nos gustou foi "A bruxa regañadentes" porque xa o coñecíamos. É un dos nosos contos favoritos da biblioteca de aula.
Compartimos a sesión con todos os nenos e nenas de infantil na biblioteca do cole
Apagáronse as luces e empezou a sesión de contacontos
E colorín, colorado,.. este conto está rematado!

Aniversario de ULISES

O luns pasado festexamos na aula os 4 anos do noso compañeiro
ULISES

sábado, 26 de octubre de 2013

Concurso de Bruxas

O concurso de bruxas do cole está sendo todo un éxito.
Temos un montón de bruxas e todas moi variadas; Podedes pasarvos polo cole para velas.
 @s Sementeir@s tamén queren participar e aquí están as súas achegas

Portas Decoradas... e moito máis

Xa ven sendo tradición decorar as portas das aulas de infantil. 
E no Samaín non podía ser menos; aquí están:
 Na Sementeira asoman as pernas dunha bruxa
 Na Pementeira unha cabaza moi especial
E no Paseo do Espolón un espantallo
Estos días seguimos facendo manualidades típicas do Samaín.
 Os compis de 5 anos fixeron uns morcegos que descansan tranquilos no corredor
Na aula de 3 anos decoraron a parede con bruxas
 E na aula de 4 anos temos uns castelos terroríficos que colgan do teito da nosa aula
 Os globos con forma de cabaza son un regalo de Alejandro
 E Pablo Miguéns trouxo unha bruxa terrorífica
Xa temos preparados os nosos "bolsos castañeiros" para o día da festa poder enchelos de castañas