domingo, 25 de marzo de 2018

Pascua

Este venres rematamos o segundo trimestre. Estamos desexando disfrutar das vacacións de Pascua, descansar e cargar as pilas para a etapa final do curso.
Levamos un par de semanas traballando moito para ter rematadas as portadas dos nosos libros de fichas e as bolsas para levar a casa. 
Fixemos un campo de papoulas para as nosas fichas. Pintamos con témperas, picamos as papoulas e debuxamos os talos.
Para a bolsa recortamos cartolinas para facer un campo de herba polo que andaban a pasear un montón de xoaniñas debuxadas por nós.
O venres, nada máis chegar ao cole empezamos a preguntarnos se o coelliño de Pascua nos faría a súa tradicional visita; pero non as tiñamos todas connosco porque a mañá estaba realmente desapacible  e pensamos que ao coelliño non lle faría moita ilusión saír da madrigueira. Non vimos movemento en toda a mañá e ao vir do patio (un pouco decepcionados-as) decidimos ir á biblioteca con todos os compis de infantil a ver unha peli. Alí arriba tampouco había nin rastro do noso amigo, e como o ximnasio estaba libre, aproveitamos para ir a xogar un pouco. Cal foi a nosa sorpresa cando ao entrar descubrimos que alí estaban os nosos ovos de pascua. Moitas grazas coelliño😍
Fixemos unhas marionetas para xogar na casa
E levamos os nosos traballos do trimestre