sábado, 24 de diciembre de 2016

Felicitación de Nadal

Estos últimos días de cole estivemos preparando unha sorpresa moi especial. Como era un segredo decidimos que non podiamos contar nada en casa, aínda que a profe Ana non está moi segura de que a ninguén se lle escara algún detalle.
Escribimos unha postal de Nadal que, desexamos non se perda polo camiño e chegue cada unha ao seu destino.
Vai cargadiña dunha morea de bicos, bos desexos e felicidade para todas as familias "Sementeiras"
Unha vez escrita a postal e gardada no sobre, pechámolo con moito coidado e escribimos o noso nome e apelidos no sitio do remitente


Decoramos o sobre con pegatinas
Por último fomos a xunto de Manolo para pedirlle que botase as nosas postais ao correo.
 Agora só queda esperar que todas chegasen ao seu destino.