Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "a volta ao mundo en obras de arte". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "a volta ao mundo en obras de arte". Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de julio de 2017

Rematamos Proxecto

Chegou o mes de xuño e tamén o momento de poñer punto e final ao noso proxecto anual "A volta ao mundo en obras de arte". Foi un proxecto moi amplo; coñecemos moitos países, monumentos e pintores, aprendemos diferentes técnicas pictóricas e escultóricas, traballamos en equipo para decorar os espazos comúns de Educación Infantil e fixemos un sinfín de actividades coas que disfrutamos a tope.
Nesta última entrada sobre o proxecto queremos que vexades as últimas actividades que levamos a cabo na aula.
O noso photocall da "Madonna Sixtina" de Rafael foi un verdadeiro éxito, e decora a parte superior do noso corredor.

Gustounos moito ver as fotografías expostas
A última recreación que chegou foi por parte de Lucas e a súa familia. Espectacular !!
"Nenos comendo uvas e melón", do pintor Bartolomé Esteban Murillo.
Lía trouxo un xogo magnético con formas cubistas e pasamos un rato moi entretido xogando a formar caras.
 Coñecemos a un novo pintor: Víctor Vasarely, considerado o pai do "op-art".
10 obras "op art" de Victor Vasarely
 Algunhas das súas obras máis famosas chamaron moito a nosa atención porque parece que teñen movemento e en calquera momento van a saírse do cadro.
Vasarely Artwork, Sin titulo 
 Cebras, 1937 
Tau-Ceti. 1955 
 Vega 200, 1968 
Victor Vasarely. Logo de Renault, 1972 
Coloreamos con rotuladores unha das súas obras e fixemos un mural conxunto coas demais aulas de infantil
 
Aprendemos unha nova técnica pictórica: o puntillismo. Recreamos dous dos cadros máis famosos de Seurat. O seu traballo "Tarde de domingo na illa da Grande Jatte" é un dos íconos da pintura do século XIX.
  
 
   
Comezamos o noso proxecto alá polo mes de outubro facendo un autorretrato e quixemos rematalo do mesmo xeito. Pódense apreciar moitas diferenzas entre os autorretratos do primeiro trimestre e os de final de curso. Sentad@s diante do espello e fixándonos ben en todos os detalles fixemos uns autorretratos aos que non lles falta detalle (gafas, lunares, pelos longos e curtos, chichos, pelo de punta,...)
E sabedes unha cousa? aínda nos meses de maio e xuño seguiron chegando cousas para o noso recuncho.
AITANA CITOULA viaxou ata Punta Cana e veu cargadiña de regalos para a aula.
 AMAYA paseando por Padrón sacou unha foto co noso amigo Macías
 AITANA RIVAS estivo en Portugal e regalounos un montón de postais
PEDRO PÉREZ trouxo a bandeira de Suiza que atopou nunha bolsa
PAULA CES trouxo un recordo do coliseo romano
SASHA trouxo o autobús e o taxi típico de Londres
 O día da reunión de pais/nais as familias tiveron a ocasión de ver de preto todo o traballado en canto a decoración por todo o equipo de infantil (peques e profes).