Mostrando entradas con la etiqueta MULLER TRABALLADORA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MULLER TRABALLADORA. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2020

Mulleres

O pasado 8 de marzo conmemorouse o día da Muller Traballadora
 Estamos levando a cabo unha secuencia didáctica adicada a coñecer algunhas das mulleres que cambiaron o mundo. Xa coñecemos a Cocó Chanel e a Jane Goodall.
Participamos nunha exposición sobre grandes mulleres galegas. A nosa elexida foi a pintora Maruja Mallo; coñecemos algúns datos curiosos da súa biografía e tamén algunhas das súas obras máis coñecidas. Con todo o aprendido fixemos a nosa aportación para o mural que decora o corredor do cole.
Aquí está o noso mural, feito en equipo.



Elaboramos a nosa propia exposición de adexctivos que definen ás mulleres traballadoras. O primeiro que fixemos en asamblea foi redactar entre tod@s unha lista de adxectivos que, según nós, definen a todas as mulleres que coñecemos e máis preto temos. Despois, eleximos unha silueta e os adxectivos que máis nos gustaron da lista.
Aquí vos deixo algunhas cousas para facer na casa se vos animades 😉
(non son obrigatorias)