domingo, 28 de marzo de 2021

Primavera

Coa chegada da primavera fixemos estrea do patio de area e foi todo un acontecemento. Están tod@s de acordo en que o areeiro é o mellor patio de todos.




















Atopar bichiños ocupa boa parte da nosa hora do recreo.



 

Outra das novidades das que disfrutamos son os picnics.








Para celebrar a chegada da nova estación na aula, fixemos un experimento e xa temos o noso popio arco da vella








Ao longo desta última semana antes das vacacións de Semana Santa, estivemos preparando as bolsas para levar os traballos e a portada do noso libro de fichas








































Aproveitando que o bo tempo nos permite realizar moitas máis actividades no exterior, fixemos un mural colectivo onde debuxamos flores, bolboretas, arcos da vella,...










E para rematar o trimestre recibimos a visita do Coelliño de Pascua. Estivemos toda a semana moi pendientes por se o viamos baixar do monte, pero debe de ser experto en camuflaxe. Menuda sorpresa levamos cando saímos ao patio e atopamos un montón de ovos de chocolate

🐰🐰Moitas grazas coelliño🐰🐰





 




 




 




 



 







E isto é todo dende o cole. Que pasedes unha boa Pascua. Vémonos á volta