jueves, 31 de diciembre de 2020

Nadal 2020

 E chegou o Nadal; o martes 22 foi un día moi especial no cole e sobre todo na Sementeira, porque rematamos o noso primeiro trimestre de cole. Sacamos fotos, recibimos sorpresas, festexamos un fin de ano anticipado con todos os nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, xogamos, contamos contos, cantamos panxoliñas,... Un día intenso como colofón a este trimestre tan especial.

Estos son os contos dos que disfrutamos estes días de Nadal na Sementeira

Unha das primeiras cousas que fixemo foi analizar con detalle as cámaras de seguridade do cole porque nos avisaron de que días atráns se colara un intruso; e menuda sorpresa levamos cando comprobamos de quen se trataba !






 
O Rei Gaspar visitou o Rosalía e deixou un agasallo moi doce para cada neno e nena escondido na clase e que tivemos que atopar (estaba á vista pero a emoción e os nervios despois de ver o vídeo eran considerables polo que os Sementeiros e Sementeiras aínda tardaron un chisco en atopar o doce regalo).


A sesión de fotos navideña foi todo un éxito e disfrutamos moito posando tod@s guap@s para a ocasión



































 
Xogaron libremente nos recunchos de aula (respectando os equipos) e tamén se puideron entreter, de xeito voluntario, nas difrerentes propostas navideñas que había nas mesas de traballo e na mesa sensorial.























































 A hora da merenda tivo sabor a turrón, bombóns e mazapáns.
 




Levamos ao buzón as cartas de Bruno e Izan, e fomos ao ximansio xunto co resto de compis de infantil para comer as uvas e dar unha calurosa benvida ao 2021.
 














Levamos para casa as bolsas cos nosos traballos
 

Os últimos días de cole rematamos a bolsa (compuxemos e pegamos en orde as letras do noso nome) e fixemos as portadas do noso libro de fichas.
 



























 
Quedaron así de vistosas



Algo pasou que a foto saiu en branco e negro no momento de sacala. síntoo😉
















A nosa aula está decorada cunha árbore moi especial feita coas fotos que chegaron ao correo electrónico.
 
 




 
No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos cantando panxoliñas e comendo as uvas


E para rematar, contarvos que os últimos días antes das vacacións estivemos preparando unha sorpresa que, a estas alturas, xa debería ter chegado ata as vosas casas.
 















Feliz Ano familias
 
Que o 2021 veña cargado de paz, amor, felicidade e sobre todo esperanza