miércoles, 9 de diciembre de 2020

Chegou o Nadal

 Empezou Decembro e con este mes chega a maxia do Nadal. 

Na Sementeira xa estamos facendo algunhas actividades relacionadas con esta temática. Traballamos a motricidade fina decorando unhas árbores con pedras de cores.



























O venres pasado xogamos a decorar unha árbore de Nadal coas iniciais. Escollemos unha tarxeta ao azar e colocamos un imán na inicial do compañeiro ou compañeira que nos tocou. Prácticamente tod@s recoñecen xa a primeira letra do nome de todos os compañeiros.




































Hoxe empezamos coa decoración navideña. 

Aroa e Lucia disfrutaron moito engalanando a nosa rama de carballo con bolas e cascabeis.








Mañá continuaremos con esta e outras actividades😉


E agora quero propoñervos algunhas actividades a realizar en familia para que, se vos animades, compartamos entre tod@s.

A primeira delas é pedirvos que libremente, mandedes un vídeo cos vosos desexos e felicitacións de Nadal; e a segunda consiste en sacar unha foto na vosa árbore de Nadal para poder imprimir e decorar na aula. Non son actividades obrigatorias pero cantas máis consigamos, moito mellor !

Se queredes participar mandade os vídeos e/ou fotografías ao correo electrónico da aula

aulasementeira@gmail.com

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄🎄


No hay comentarios:

Publicar un comentario