lunes, 14 de diciembre de 2020

Sorpresa de Luns

 Hoxe cando chegamos ao cole a profe tiña preparada unha sorpresa moi especial pois contounos que Papá Noel quería falar connosco. Quedamos cos ollos coma pratos coa noticia; escollemos rápidamente o noso encargado do día e marchamos para a aula de desdobre pois a videoconferencia con Laponia xa estaba preparada.








Tivemos algúns problemas técnicos pero disfrutamos moitísimo escoitando os consellos de Papá Noel e saudando ao noso amigo.


 O resto do día adicámolo a seguir traballando na decoración das nosas bolsas de Nadal onde levarán os traballos do trimestre e que xa empezamos a pintar o venres pasado. Presenteilles o traballo a facer e despois das explicacións, escolleron unha cor para o fondo da suá bolsa. Pintárona con témpera empregando o rodillo


 















 




 

 

Hoxe algúns compañeiros e compañeiras tiveron tempo de empezar a debuxar folerpas de neve




Xa todos os equipos decoramos a nosa Árbore de Nadal individual
































Aproveito esta entrada para contarvos que xa case todos foron encargados ou encargadas. Pronto empezaremos coa segunda volta. Cada día ao chegar comproban no taboleiro a quen lle toca hoxe axudar á profe, pasar lista, ir de primeiro/a na fila,...









2 comentarios:

  1. A sorpresa de Papa Noel gustoulles moito; Aroa foi o primeiro que contou: que Papa Noel falara con eles!!!.... Jajaja.. Da gusto o contentos que van o cole

    ResponderEliminar
  2. Que sorpresa tal chulaaa Gabriel saleu todoo contentooo por falar con Papa Noel dixomee mamii quero ir a casa de Papa Noel ahhhh jajaja. Gracias profe Ana por tanto que fas cos nos@s peques

    ResponderEliminar