miércoles, 16 de diciembre de 2020

Buzón Real

 Atención, atención !! acaba de chegar ao cole Rosalía o buzón das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Aproveitade a ocasión para enviar a vosa carta e non quedar sen regalos 😉




Todos aqueles Sementeiros e Sementeiras que queiran traer a carta poderán botala no buzón ao longo destes días. Animádevos !!




Na aula continuamos traballando na decoración das bolsas de Nadal. De seguro que xa vos podedes ir facendo unha idea de cal foi a personaxe elexida para facer ☃











Picaron con moita paciencia o corpo e a cara do boneco. Agora teñen que pegalo na bolsa e rematar de decoralo

 

 

 








Os encargados de onte e hoxe foron Xairo e Lucas. Mañán será o turno de Bruno


 Despois de merendar solemos facer algunha actividade en gran grupo. Estes días estamos xogando na PDI. Déixovos os enlaces aos xogos por se queren practicar e pasar un rato na casa. Un deles é de agudez visual e o outro un mémori que lles costou un pouco entender ao principio.





MÉMORI DE NADAL

 AGUDEZA VISUAL

Por certo, a estatua da Sementeira en Padrón do escultor Camilo Seira pola que recibe o nome a nosa clase, loce ben guapa estes días. Se saídes de paseo e queredes mandar unha foto, será moi ben recibida !

1 comentario:

  1. Gracias profe Ana!!! Madre mía como traballan , están súper entretenidos 👏👏👏

    ResponderEliminar