lunes, 30 de noviembre de 2015

Decorando e Modelando

O venres pasado colgamos as nosas cookies nas xanelas de Educación Infantil para irlle dando un toque do Nadal ao colexio
Hoxe empezamos unha nova manualidade, que prontiño poderedes ver rematada por aquí.
O seu protagonista chámase Rodolfo. Aquí vos deixamos a panxoliña que escoitamos pola tarde
O venres pola tarde estivemos xogando coa plastilina, un dos xogos cos que mellor traballamos a nosa motricidade fina (e que tanta falta nos fai reforzar día a día).
Algúns sementeiros e sementeiras animáronse a facer algunha vocal e pedíronme que inmortalizara as súas obras de arte

jueves, 26 de noviembre de 2015

Uélé Moliba makasi

Uélé Moliba Makasi é unha canción africana que estamos aprendendo na aula.
  A semana pasada comezamos a investigar un pouco sobre un dos países africanos máis apaixoantes: EXIPTO.
Aproveitamos a sesión do venres na pantalla dixital para ver e falar das súas pirámides, do río Nilo, pero sobre todo, o que máis chamou a nosa atención, foi todo o relacionado co tema das momias e dos sarcófagos.
Tamén disfrutamos cos debuxos animados de "Martín el Egipcio"
O xoves pasado tamén tivemos tempo de pasar a saudar á parella de GUERREIROS MASAI que coidan dos dominios de Educación Infantil. Gústanvos? 
 Queremos contarvos tamén que temos un montón de cousas novas no noso recuncho africano; a mami do ex-sementeiro PABLO MIGUÉNS prestounos todo isto:
Moitas grazas Pili por seguir interesada e implicada coas actividades que levamos a cabo nas aulas de infantil.
Hoxe coloreamos a máscara funeraria de TUTANKAMÓN. É un personaxe que nos fascina.
 
Foi unha sesión de traballo amenizada con banda sonora do país do noso proxecto.


Antes de finalizar esta entrada, contarvos que chegaron as postais de LÍA, AITANA CITOULA e PEDRO MEIJUEIRO para o concurso de Nadal. Grazas por participar !!
E unha última cousa... mirade o que está a crecer na porta de infantil,...
seguiremos informando

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Concurso de Postais e máis...

Como xa sabedes, o equipo de Dinamización da Lingua galega do cole, organizou un concurso de postais navideñas. Xa temos as primeiras aportacións dende "A Sementeira"
Lembrade que o prazo para participar remata este venres. Animádevos e mandade as vosas postais !!
Esta semana na aula estivemos facendo manualidades e xa estamos rematando a nosa "cookie". Hoxe démoslle o toque final: usamos a pistola de silicona para pegarlle ollos móbiles, botóns e un pompón.
Pronto levaremos o resultado final para casa

martes, 17 de noviembre de 2015

Cores

Hoxe pola tarde estivemos xogando a clasificar tarxetas con debuxos atendendo á súa cor e aproveitamos para reforzar vocabulario en inglés (yellow, green, blue and red)

Bote de Outono

A semana pasada recollemos a nosa mesa do outono. Gardamos nun bote aquilo que nos apetecía conservar. Cada un escolleu algún elemento da mesa e gardouno no bote.
Xa temos o noso primeiro BOTE DO OUTONO
 
Aproveitamos esta entrada para contarvos que a maleta de Pepe cada día está un pouco máis chea. A última compañeira en levalo á súa casa foi Daniela, que achegou un bote de champú para que Pepe poida bañarse. Estes días está na casa de Sasha e seguro que está disfrutando un montón.
Esto é todo o que leva Pepe na maleta