viernes, 15 de junio de 2018

Jimmy Escalofríos

O  xoves pasado recibimos a visita da escritora padronesa Altagracia Bescansa, que veu a presentarnos o libro
Unha vez rematado o conto, falamos dos nosos medos: aos ruidos estranos pola noite, aos animais da selva,...
 Antes de marchar, adicounos o conto que nos regalou e que xa é o noso novo tesouro na Biblioteca de aula
E como xa ven sendo tradición no mes de xuño, todos os días para merendar temos froita fresca. Fresas, arándanos, peladillos, paraguaios e melón foron moi ben recibidos na Sementeira.
E como nos gusta coidarnos, temos unha nova rutina na aula. Dende hai un tempo os compis da Pementeira corren dúas voltas ao patio unha vez rematado o recreo para facer un pouco de exercicio físico. Nós estabamos desexando imitalos e agora, prácticamente todos os días corremos con eles (e ata as profes se animan)

domingo, 10 de junio de 2018

O Cumple de Keila

A nosa compañeira keila estivo de aniversario e, como non, quixo festexalo con todos os compis da Sementeira. Galletas, chuches e festa para tod@s

martes, 5 de junio de 2018

Últimas cousas para o recuncho

Durante o mes de marzo seguimos recibindo cousas para o noso recuncho. Estas foron as últimas aportacións.
 Aproveitamos para tocar e ulir as estrelas de mar que trouxeron Keila e a profe Ana
Andrea trouxo un debuxo para colorear que mide tres metros; en canto temos un rato libre, e de xeito voluntario, pintamos a paisaxe mariña.
Pedro visitou unha exposición sobre o Titanic
Esta semana estamos empezando a levar para casa todo o material que trouxemos. Danos moita pena desfacernos do recuncho do mar😓
Aproveitamos esta entrada para contarvos a nosa participación na elaboración dun conto viaxeiro entre todas as aulas do cole. O conto empezou nunha das clases de  tres anos e nós continuamos a historia.
A páxina da aula de tres anos
A nosa páxina
Unha vez rematado, o alumnado de sexto foi o encargado de vir a contárnolo.