lunes, 26 de febrero de 2018

Mix de Cousas

O 25 de xaneiro participamos nunha actividade organizada pola Deputación da Coruña emarcada dentro da campaña Quen dixo medo, contra a violencia de xénero. Contáronnos o conto TE QUIERO CASI SIEMPRE e fixemos un monicreque que levamos para casa.
Seguen a chegar cousas para o recuncho. Desta volta manualidades, xoguetes, contos, adornos, cunchas de vieira e unha caixa do tesouro con moitas moedas.
 E como temos a sorte de que ao papi de Aitana Citoula lle encanta mergullar, a semana pasada recibimos un montón de material: unha carcasa para unha cámara de fotos, unha lanterna mariña e unhas aletas xigantes.
Cada día na hora do panel reforzamos os conceptos matemáticos que estamos aprendendo este ano: sumamos, restamos, escribimos a serie numérica (traballando o concepto de anterior e posterior), os pares, os impares, as decenas e as unidades.
Por último, contarvos que en Vigo está o Museo do Mar de Galicia, unha visita do máis recomendable.
Lía visitouno e trouxo moitas fotos e un conto.