Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
Temos un conto novo na nosa biblioteca de aula, que foi todo un éxito
A Olivia encántalle visitar os museos e un dos seus artistas favoritos é Edgar Degas. E agora na Sementeira tamén nos gusta moito. En interner curioseamos sobre a súa obra e atopamos o dato de que non soamente pintaba cadros senón que tamén esculpía fermosas bailarinas en bronce. Fixámonos en concreto nesta:
PEQUENA BAILARINA DE 14 ANOS
Fixámonos moi ben en todos os detalles e despois debuxámola.
O día 23 de Abril celébrase o Día do Libro pero como este ano coincidiu co martes de Pascua, deixamos a celebración para o día seguinte; así pois o mércores e despois de contarnos todas as nosas aventuras pascueiras, fixemos un listado cos nosos contos favoritos.
E coñecemos un personaxe que seguro que na casa vos sona,... o Principiño.
Na biblioteca disfrutamos dunha sesión de contacontos.
Aproveitamos a exposición de libros que había para mercar dous contos para a nosa biblioteca de aula: un de ioga e outro sobre mitos.
E a nosa compi CARLOTA trouxo un conto de regalo para toda a clase, que nos gustou moito. Neste fermoso libro a nai do lobiño aconsella ao seu fillo e o
prevén sobre como ten que comportarse no caso de atopar a Carapuchiña e o
cazador no camino. E, sabedes un segredo? pois que os lobos están fartos de ser os malos dos
contos.
Para rematar este fantástico Día do Libro recibimos a visita de AMAYA, unha ex-Sementeira que nos mostrou orgullosa a medalla conseguida co seu equipo de ximnasia rítmica no campionato de España. Non é para menos porque acadaron a prata! Noraboa !!
Amaya respondeu a todas as nosas preguntas e ensinounos o exercicio co que o seu equipo quedou en segunda posición a nivel nacional.