martes, 27 de octubre de 2026

Xa temos encargad@s

 Con isto do Samaín cada día temos un recuncho terrorífico novo,.. que medo!











   Esta semana fixemos o noso primeiro debuxo dirixido, tendo como protagonista a unha pantasma; con este tipo de propostas estamos a traballar de forma integrada a atención e a escoita activa ao seguir instrucións paso a paso, a psicomotricidade fina mellorando a precisión do trazo e aprendendo a coller correctamente o rotulador (tarefa moi compricada aínda que pareza sinxela), a orientación espacial ao situarse no papel, e a autoestima ao ver que son capaces de crear un personaxe por si mesmos. Ao principio o folio en branco deu un pouco de medo e moitos-as dixeron que non sabían facer unha pantasma pero ao final os resultados foron bastante satisfactorios. Temos que mellorar a parte da escoita activa pero ímos polo bo camiño ;)

Este foi o sinxelo modelo co que traballamos

 













  Estamos empezando a afacernos aos espazos de traballo individual e, esta semana tivemos compis que se animaron coas propostas de libre circulación mentres os demais disfrutaban dos recunchos de xogo simbólico onde poden xogar un máximo de tres compañeiros-as

 

 












 














Pero sen dúbida a noticia máis importante da semana é que a partir de hoxe teremos un encargado ou encargada na aula, que axudará á profe en moitas rutinas e será quen faga o panel; será a sorte quen decida cada día a quen lle toca ser encargad@ pois temos un cofre que garda as fotografías de todos os Sementeiros e Sementeiras. Hoxe tocoulle a XOEL, que fixo unha tarefa estupenda. A medida que pase o tempo iremos engadindo actividades ao panel; de momento pasamos lista, poñemos a data, a estación e facemos un rexistro do tempo. Ata o de agora estaba facendo estas tarefas a profe e xa tod@s teñen moi interiorizada esta rutina; agora será o seu turno!


Rexistramos o noso turno de encargad@ pegando unha pegatina nun cadro de dobre entrada







 Hoxe tamén festexamos o aniversario de LUCÍA









As galletas estaban deliciosas! moitas grazas Lucía!!

 Cada semana procuramos ter na aula unha sesión de charla en gran grupo (filosofía para nenos). Hoxe falamos do cadro O Berro, de MUNCH

 Esta actividade consiste basicamente en transformar a clase nun espazo para falar e pensar xuntos, onde os máis pequenos aprenden a dar a súa opinión, escoitar aos compañeiros e respectar outras ideas, todo mentres desenvolvemos de forma moi divertida a súa creatividade, o seu pensamento crítico e, neste caso, o recoñecemento das súas propias emocións, pois estando inmersos na festividade do Samaín o medo é a emoción protagonista estes días.

Primeiro adicamos uns intres a observar a lámina co cadro e despois demos resposta a varias preguntas 

A primeira pregunta foi: como está ese home? a resposta de todos-as foi.,... ASUSTADO! 

 E de que ten medo? foi a seguinte pregunta




 Que terá que facer para non ter medo?


 Xa están chegando as primeiras castañas para o Magosto; moitas grazas por colaborar!!

 

E tamén están a chegar as fotografías para o noso RECUNCHO TERRORÍFICO. Veña, animádevos a participar!! está quedando unha exposición de medo!!

 



  







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario