Mostrando entradas con la etiqueta Joan Miró. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Joan Miró. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de febrero de 2015

Medindo unha estatua

Estamos rematando a nosa pequena secuencia didáctica sobre Joan Miró e o venres fixemos un dos traballos finais.
Miró ademais de pintor, gravador e ceramista tamén foi un excelente escultor. Onte coñecemos a última obra que realizou: "MUJER Y PÁJARO"
 Dona i ocell 1.jpg
 Está situada no parque Joan Miró nun lago artificial, e foi doada á cidade polo artista. Mide 22 metros. Este último dato foi o punto de partida da nosa actividade. Decidimos averiguar canto son 22 metros.
Pedimos prestado un metro á clase Pementeira (un camaleón moi simpático que fixo as delicias d@s Sementeir@s) e marchamos para psico pois alí tiñamos máis espazo.
O primeiro que fixemos foi estender o metro ata marcar un metro para facernos unha idea do que mide. Decatámonos de que tod@s medimos máis dun metro e puxémonos moi content@s.
O seguinte foi estender metro a metro ata chegar ao metro 22. 

 Marcamos no chan o número de metros; pero acabóusenos o metro cando levabamos marcados tres. Candela, Pablo Miguéns e Breixo marcan os metros.
Entón paramos a actividade e a profe preguntounos se nos chegaría o espazo de psicomotricidade para seguir contando ata vinte e dous.
Estivemos tod@s de acordo en que había que buscar outro sitio e moit@s propuxeron saír fóra; pero estaba chovendo e non era caso de mollarse; polo que algún compañeiro propuxo utilizar o corredor de infantil para poder continuar a nosa medición sen que as inclemencias meteorolóxicas nos molestaran demasiado.
Como faltaba pouquiño para ir comer, decidimos continuar pola tarde; pero antes de que soase o timbre comprobamos cantos compañeiros-as caben en tres metros.
Conseguimos encontrar unha combinación de compis que, xuntos miden tres metros (centímetro arriba, centímetro abaixo,..)
Pola tarde empezamos a nosa medición na porta de infantil
En cada metro colocábamos a un compañeiro-a; así ata chegar a vinte e dous


Tivemos que abrir as portas que separan o noso corredor co de primaria porque non nos chegaba o espazo!!
 Por fin! chegamos aos vinte e dous metros!!
A estatua de Joan Miró é xigante!!
Despois contamos os pasos que hai en tantos metros

En total: corenta e un pasos sementeiros
ACTIVIDADE REMATADA