Mostrando entradas con la etiqueta english songs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta english songs. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de febrero de 2017

Rutinas en inglés

Xa sabemos os días da semana en inglés, en boa parte grazas a esta canción que cantamos polas mañás á hora de facer o panel.

martes, 14 de febrero de 2017

Good Morning

Como nos gusta empezar a mañá cantando esta canción na "Sementeira" !!
Temos que dicir que hoxe estabamos un pouco,... cansos? ou será sono?
normalmente cantamos con moita máis enerxía, pero xusto hoxe non tiñamos o día cantareiro

miércoles, 28 de octubre de 2015

Preparando a festa...

Hoxe estivemos dando os últimos retoques aos adornos da festa do Samaín de do Magosto que celebraremos no cole este xoves. A tarefa consistía en decorar con gomets as bandeiras que imos a colgar para ambientar as zonas comúns de Educación Infantil.
Así están quedando,...
Onte e máis hoxe chegaron as últimas bruxas para o concurso. Son impresionantemente....MONSTRUOSAS !!
A ver se hai sorte e algunha bruxa sementeira leva premio
Xa temos case rematado o noso cesto para as castañas do magosto. Onte coloreamos unha castaña á que mediante un "abracadabra" lle saíron brazos e pernas (iso si que é maxia da boa)
Estamos coñecendo un montón de novas cancións relacionadas co samaín; aquí vos deixamos os enlaces a algunhas das nosas favoritas para que tamén as disfrutedes na casa
Tamén o pasamos moi ben cantando e dramatizando cancións en inglés
Esta é das nosas preferidas. Pronto gravaremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos
Con estas cancións en inglés estamos aproveitando para aprender moito vocabulario  relacionado co Halloween. Nas seguintes fotos estamos xogando a adiviñar a palabra que nos di a profe (in English), collendo a imaxe que se corresponde
Aproveitamos esta entrada para contarvos que Pepe segue de visita polas casas; Desta volta está pasando uns días con LÍA e a súa familia.