Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de abril de 2016

Un Gran Concerto

O pasado venres día 15 todas as aulas de Educación Infantil subimos á biblioteca do cole para disfrutar dun fabuloso concerto a cargo de XOÁN CURIEL
 Foi unha tarde memorable. O concerto estivo divertidísimo e Xoán trouxo un repertorio moi variado, engadindo algunha canción africana que nos encanta, instrumentos de percusión que nos deixou tocar,... e un montón de sorpresas que foi desvelando ao longo da súa actuación.








Dende aquí queremos dar as GRAZAS á profe Teté por organizar unha actividade tan estupenda e a Xoán polo gran concerto ofrecido e,... como lle dixo o noso compañeiro Dani da clase de 4 anos...
ERES O MELLOR !!!
Temos moitos videos gravados desta tarde tan divertida. Mandarémolos non "pen" do terceiro trimestre para que os poidades disfrutar na casa.
No blogue da aula de 5 anos podedes ver tamén un anaco da actuación de Xoán. Aquí vos deixamos o enlace
XOÁN ERES O MELLOR
E tamén compartimos con tod@s @s que nos visitades a canción que máis nos gustou na Sementeira: "estamos no verán"

martes, 15 de diciembre de 2015

Outra Panxoliña

Esta semana estamos disfrutando no cole aprendendo unha nova panxoliña. Desta volta os protagonistas son os tres Reis Magos que, xa nos tardan...
gif reyes.gif2
A petición dos Sementeiros e Sementeiras, poñemos o enlace para que tamén a poidades cantar na casa
 
felizreyes.jpg1

domingo, 13 de septiembre de 2015

O Polo Pepe

Este venres pasado (segundo día de cole para @s peques de 3 anos) foi un día moito máis tranquilo, sen choros, e con moito que facer na Sementeira.
Contamos o conto  dun polo moi, pero que moi divertido chamado Pepe.
 o polo pepe-nick denchfield-9788498543971
 Cantamos a canción e ata a bailamos.
Aquí deixamos o enlace para que tamén a poidades bailar na casa.
Adicamos un tempo a facer a nosa primeira actividade impresa e obtivemos uns resultados sorprendentes!!! Despois de traballar estivemos xogando un pouquiño antes de marchar.
Os nosos "Pepes" decoran a clase, mirade o ben que quedaron
 
Por último, deixámosvos un vídeo con Paula e Amaya, as máis bailongas do grupo