martes, 26 de marzo de 2019

Snow Queen

O pasado xoves foi un día moi especial porque fomos tod@s xunt@s ao teatro. Vimos a representación Snow Queen e,... alucinamos!




martes, 19 de marzo de 2019

O Nacemento do Dragón

Seguimos avanzando no noso proxecto sobre mitoloxía e estamos coñecendo personaxes da China. Elaboramos un mural coa deusa Nuwa e os seres mitolóxicos máis representativos desta cultura.

 Recollemos o aprendido en fichas impresas.
 Fixemos un dragón chino que xa decora a aula de psicomotricidade. Pintámolo con témpera sólida.
Tamén fixemos farolillos, que coloreamos e recortamos.

Levamos un tempo traballando nun conto novo; esta vez escollemos "O Nacemento do Dragón".  
Copiamos o texto do conto e coloreamos debuxos para ilustralo.


Este venres viaxou por primeira vez á casa da nosa encargada Alba
Este é o noso conto