martes, 19 de marzo de 2019

O Nacemento do Dragón

Seguimos avanzando no noso proxecto sobre mitoloxía e estamos coñecendo personaxes da China. Elaboramos un mural coa deusa Nuwa e os seres mitolóxicos máis representativos desta cultura.

 Recollemos o aprendido en fichas impresas.
 Fixemos un dragón chino que xa decora a aula de psicomotricidade. Pintámolo con témpera sólida.
Tamén fixemos farolillos, que coloreamos e recortamos.

Levamos un tempo traballando nun conto novo; esta vez escollemos "O Nacemento do Dragón".  
Copiamos o texto do conto e coloreamos debuxos para ilustralo.


Este venres viaxou por primeira vez á casa da nosa encargada Alba
Este é o noso conto

1 comentario:

  1. Olaya mamá Cristina20 de marzo de 2019, 22:28

    Que chulada o dragon e os farolillos!!! Quedaronvos xeniais pequen@s sementeir@s... O libro do nacemento do dragon e moo interesante pero seguro que a vosa version e moito mellor...gran traballo!!!

    ResponderEliminar