jueves, 7 de marzo de 2019

Entroido Mitolóxico

O pasado venres 1 de marzo festexamos o Entroido no Rosalía. Este ano fixemos por primeira vez un pasarrúas por Padrón. Os nenos e nenas portáronse coma campións e saiu todo moi ben; foi unha mañá moi divertida, con moita ilusión pola nosa parte ao ver as familias animando o noso desfile; ata subimos ao Concello a saudar coma "estrelas". Ao final da mañá xa estabamos desexando chegar ao cole para dar boa conta da merenda; tivemos tempo tamén de xogar no patio cos compis.
Antes do Desfile fixemos fotos nos espazos decorados no corredor de infantil.
Saímos para Padrón moi content@s bailando ao ritmo da música que levaba Manolo e animamos o pobo durante un bo rato.
 
Ao chegar de volta ao cole,... merenda!
 Foi un día moi completo!
VIVA O ENTROIDO!

2 comentarios:

  1. Estabades todos impresionantes!!!! Pasamolo xenial!!! E que ben se portaron todos!! Foi toda unha experiencia para estes seres mitoloxicos!!! (por certo... Colouse unha foto por ai ehhhh)

    ResponderEliminar
  2. O da foto sen comentarios!!
    @s peques ían auténtic@s, metidos no seu papel e parece que lles gustou o desfile,portáronse xenial, un urra polos seres mitolóxicos!
    E Medusa:ESPECTACULAR!!!

    E Medusa ESPECTACULAR ��!!

    ResponderEliminar