martes, 30 de junio de 2015

Graduación e Despedida

Chegou o momento en que debemos dicir adeus á nosa etapa como alumnos e alumnas de Educación Infantil para dar paso no mes de setembro a unha nova aventura, desta volta xa como alumnado de Educación Primaria.
O último día de cole foi moi emotivo para tod@s nós pois era o momento de despedirnos da aula na que pasamos tanto tempo xunt@s.
Fixemos un pequeno acto de GRADUACIÓN
 
Moitas grazas ás mamás de Pablo Miguéns e Xoel pola súa implicación na actividade pois, coa vestimenta elaborada por elas, adquiriu un ton moito máis... solemne.
Estas fotos quedarán para sempre no noso recordo.

Poñemos fin a un ciclo. O primeiro da vosa vida académica. Foi para min un verdadeiro pracer convivir con tod@s vós durante estes tres anos nos que aprendimos e medramos xuntos. Sempre vos levarei moi preto do meu corazón: IVÁN, PABLO MIGUÉNS, LUIS, ROI, IRENE, ALEJANDRO, AINHOA, CARMEN, BREIXO, CANDELA, IRIA, NEREA, PAULA, ULISES, DANIELA, DANIEL MARTÍNEZ, ALESSANDRO, PABLO PIÑEIRO, ANABEL, SABELA, CARLA, IZAN, ALÁN, XOEL E DANIEL TRIGO.
Quero agradecer dende aquí todo o apoio recibido polas familias grazas ao cal o meu traballo foi moito máis sinxelo e gratificante. Con pais e nais implicados na vida da escola melloramos a calidade da educación que podemos ofrecer dende as aulas e moitas das actividades que se levaron a cabo estes anos non terían sentido sen a vosa participación
MIL GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!

TU MANO Y LA MÍA
HICIERON UN SOL
PEQUEÑO,... GIGANTE,...
¡RADIANTE DE AMOR!

PASARON LOS AÑOS
Y NUESTRO SOL CRECIÓ.
PERO HOY DEBEMOS DECIRNOS:
A D I Ó S

POR ESO TE PIDO YO,...

DONDE VAYAS
LLEVA NUESTRO 
SOL
Sol en 3D
ATA SEMPRE!

Fin de Curso

O día 18 celebramos no cole o Festival de Fin de Curso. Foi un día moi especial pois fixemos a nosa última actuación como alumn@s de Educación Infantil.
A canción elexida este ano foi "I will survive", de Gloria Gaynor e a temática do noso atuendo foi unha explosión de cor que contribuíu a que a nosa actuación fose tan vistosa.
Antes de que o Festival dese comezo, tivemos tempo de posar como auténtic@s profesionais para deixar inmortalizado o momento.
A nosa actuación foi das máis aplaudidas pois fixemos un baile moi divertido

 
Foi un festival divertidísimo e con actuacións memorables!!
  
Rematamos a festa cunha gran merendola na aula de psicomotricidade
Despois de facer esta "parada técnica" xa estabamos list@s para xogar un pouco no patio. Pintamos con tizas no chan e pasámolo pipa. E aínda nos quedaron ganas de comer entre tod@s unha gran torta de chuches.
Antes de marchar para casa Pablo Piñeiro repartiu unha galleta personalizada para cada compañeiro e compañeira como regalo de despedida da súa familia.