viernes, 29 de abril de 2016

Ícaro

Na aula seguimos xogando a pensar.
A partir de esta imaxe xirou a nosa nova sesión filosófica
RMN108830NU
Falamos, entre outras moitas cousas, sobre a importancia de escoitar os consellos que nos dan os adultos. Pronto poderedes ler todo o que falamos no noso libro viaxeiro.
Como actividade final, coloreamos a nosa propia versión do Ícaro de Matisse

sábado, 23 de abril de 2016

África Encántanos

Seguimos avanzando no noso proxecto e cada día aprendemos cousas novas. Temos equipos novos: as Cataratas Vitoria e o Lago Retba.
 As cataratas Vitoria, situadas na fronteira de Zambia e Zimbabue, constitúen un salto de auga do río Zambeze. David Livingstone, o misioneiro e explorador escocés, visitou a fervenza en 1855 e bautizounas co nome de Raíña Vitoria, aínda que son coñecidas localmente como Mosi-oa-Tunya, o fume que trona.
 Patrimonio de la Humanidad 
Nas cataratas temos a Piscina do Diaño. Este accidente do terreo é unha das maiores atraccións de África debido a que permite aos curiosos bañarse tendo a poucos metros un abismo duns 108 metros de altura.
 
 O Lago Rosa ou Lago Retba: o adxectivo rosa provén da cor das súas augas, que se tornan especialmente rosáceas durante a estación seca. Isto débese a un alga chamada Dunaliella salina2 que fabrica un pigmento vermello para absorber a luz do sol. O alto nivel de salinidade permite que, do mesmo xeito que sucede no mar Morto, as persoas floten con facilidade. En torno ao lago atópanse pequenas explotacións extractivas de sal que comezaron nos anos 70. Os homes, coa auga ata o peito, rompen con bastóns o sal depositado no fondo antes de recollela con pas e encher piraguas dunha capacidade de ata unha tonelada. As mulleres descargan as piraguas e acumulan o sal no bordo do lago para secala e blanquearla ao sol. Tanto homes como mulleres protéxense da salinidade corrosiva untándose con manteiga de karité. O sal é destinada ás conservas de peixe ou á exportación.
 El Lago Retba: de agua color rosa 
manteca-karite-en-cosmetica
Coñecemos ademais a Avenida dos Baobabs en Madagascar, que une as cidades de Morondava e Belon'i Tsiribihina nun camiño flanqueado por 25 baobabs que poden alcanzar uns 30 metros de alto e contan cuns 800 anos ás súas costas. 
 Sabemos situar no mapa a illa de Madagascar
Madagascar Map
Xa temos moita información retida nas nosas cabeciñas, e tamén a recopilamos nalgunha ficha impresa
Equipo do Lago Retba
Equipo das Cataratas Vitoria
E tamén seguen chegando materiais para o noso recuncho
Aitana e Carmen trouxeron dous libros
 Lía un vestido, anacardos e manteiga de karité
 Probamos os anacardos e estaban deliciosos. Como nos dixo Lía: "estos son africanos ehhh chicos"
 Creo que nalgunha casa van a ter que ir ao supermercado a mercar anacardos porque nos encantaron!!!
Pedro Pérez trouxo un libro con moita información sobre os animais que vien en áfrica
Na PDI estivemos xogando con Tibao. Deixamos aquí o enlace para que tamén xoguedes na casa
Tocamos o BALAFÓN, instrumento con teclado de madeira e resonadores de cabaza. Lembrades que Lía trouxo un para o recuncho? a profe Teté ten outro na "Pementeira" e prestóunolo gustosa. 
Primeiro tocámolo de xeito virtual na pantalla e despois animámonos a dar un pequeno concerto

jueves, 21 de abril de 2016

English songs

ATENCIÓN, ATENCIÓN !!
Temos novas cancións en inglés para as rutinas diarias.
A petición dos Sementeiros e Sementeiras subímolas ao blogue para que tamén as poidades disfrutar na casa

miércoles, 20 de abril de 2016

Un Gran Concerto

O pasado venres día 15 todas as aulas de Educación Infantil subimos á biblioteca do cole para disfrutar dun fabuloso concerto a cargo de XOÁN CURIEL
 Foi unha tarde memorable. O concerto estivo divertidísimo e Xoán trouxo un repertorio moi variado, engadindo algunha canción africana que nos encanta, instrumentos de percusión que nos deixou tocar,... e un montón de sorpresas que foi desvelando ao longo da súa actuación.








Dende aquí queremos dar as GRAZAS á profe Teté por organizar unha actividade tan estupenda e a Xoán polo gran concerto ofrecido e,... como lle dixo o noso compañeiro Dani da clase de 4 anos...
ERES O MELLOR !!!
Temos moitos videos gravados desta tarde tan divertida. Mandarémolos non "pen" do terceiro trimestre para que os poidades disfrutar na casa.
No blogue da aula de 5 anos podedes ver tamén un anaco da actuación de Xoán. Aquí vos deixamos o enlace
XOÁN ERES O MELLOR
E tamén compartimos con tod@s @s que nos visitades a canción que máis nos gustou na Sementeira: "estamos no verán"