lunes, 17 de febrero de 2014

Día do Amor e a Amizade

O pasado venres festexamos en infantil o Día do amor e a amizade
Sabela sorprendeunos cun corazón que trouxo da súa casa
 E Pablo trouxo bombóns con forma de corazón
 Pola mañán rematamos de facer uns marcapáxinas moi especiais baseados na lenda medieval de San Xurxo e o dragón
Pola tarde estivemos tod@s xunt@s na pantalla dixital disfrutando de varios cortos animados
Comemos os bombóns que nos regalou Pablo
E antes de marchar para casa a disfrutar da fin de semana, comemos unha chuche-corazón
 Foi un día divertido no que tod@s disfrutamos da nosa amizade e nos demostramos o cariño que nos temos

martes, 11 de febrero de 2014

Viaxamos a VENECIA

Aproveitando que estamos no mes do entroido, estamos coñecendo un lugar moi especial onde se celebra esta festividade dun xeito moi especial: Venecia.
Coa axuda de internet viaxamos en góndola polos canais desta fantástica cidade italiana, coñecemos a Ponte Rialto e a Ponte dos Suspiros; e xa sabemos que cando sube o nivel da auga a Praza de San Marcos inúndase; unha praza, por certo, chea de pombiñas.
Esta presentación de Youtube gústanos moito
 Na clase temos un mural que nos recorda algúns dos sitios máis emblemáticos da cidade dos canais que estamos a coñecer
Sen dúbida a figura do gondoleiro na súa góndola é unha das nosas preferidas. Onte adicamos a tarde a debuxar o noso paseo soñado en góndola, mirade: