lunes, 3 de febrero de 2014

Contacontos de pais e nais: XANEIRO

Tiñamos aparcadas as sesións de contacontos pois o mes de decembro foi dunha gran actividade na aula e non tivemos tempo de invitarvos a contarnos un conto. Pero comezamos o ano con Pili, a mamá de NEREA, que se achegou este venres pola Sementeira para contarnos o conto favorito do irmán da nosa compañeira:
BALDRAS O XIGANTE
 Despois do conto a mamá de Nerea tiña varias sorpresas preparadas:
 ¡¡UNHA LANTERNA!!
¡¡UN LIBRO DE REFRÁNS!!
¡¡E UNS RICOS BOMBÓNS para os máis larpeiros e larpeiras do cole!!
 Gustounos moito a visita de Pili e pasamos un rato moi divertido
¡¡MOITAS GRAZAS PILI!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario