O pasado mércores 19 asistimos no Auditorio de Padrón a unha sesión de títeres. A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza non defraudou e pasamos un rato moi divertido.
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
lunes, 2 de marzo de 2020
domingo, 19 de enero de 2020
Teatro, Contacontos e Periódico
Este martes fomos a Santiago de Compostela a ver a obra de teatro "Los músicos de Bremen". Disfrutamos de principio a fin da saída !
E casualidades que ten a vida,... sabedes onde estivo de viaxe esta semana o pai de Olivia? En Bremen ! Buscamos no mapa onde queda e vimos en internet algunhas fotografías.
O mércores recibimos a visita dos pais de Adela e Alberto. Chegaron acompañados de "Coco" e pasamos un rato moi agradable escoitando un conto que non coñeciamos e que é o favorito de Adela, e xogando ás adiviñas co libro de Alberto.
Non podía faltar o Diploma co que agradecemos a visita dos papis

Ao rematar a sesión de contacontos, Coco tiña unha sorpresa para tod@s
Non podía faltar o Diploma co que agradecemos a visita dos papis

Ao rematar a sesión de contacontos, Coco tiña unha sorpresa para tod@s
O venres levamos para casa o exemplar de "Novas de Infantil" correspondente a este primeiro trimestre de curso. Desexamos que o disfrutedes.
https://app.box.com/s/q6pemd9vc4caiwd7wrzgvoh797tv6bpo
Neste enlace tedes acceso ao periódico en formato dixital
https://app.box.com/s/q6pemd9vc4caiwd7wrzgvoh797tv6bpo
Neste enlace tedes acceso ao periódico en formato dixital
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































































































