sábado, 3 de junio de 2023

Seguimos a Tope !

 Unha semana máis o ritmo da Sementeira non é apto para cardíacos !

 empezamos o luns festexando un aniversario dobre pois Bruno e Ana están de cumple o mesmo día






















O mércores asistimos no Auditorio de Padrón, convidad@s polo CIM Terras de Iria, a unha sesión de contacontos que levava por título "Importas"






















E tamén celebramos os seis anos de Chloe
 
 
 




















 O xoves fixemos a sesión de ioga en gran grupo e aproveitamos para construír Mandalas corporais

Distinguides o corazón?😀











Convertémonos en forzudos e forzudas suxeitando aos compis














 
O venres visitounos Raquel, a mamá de Paula Pérez, e contounos un conto que despois nos regalou para a aula

















Paula regalounos moitas cousas! grazas !




Estamos rematando a nosa volta ao mundo con Willy Fog pois xa chegamos a América. Fai un tempo que fixemos unha visita virtual por dentro da Estatua da Liberdade e averiguamos que foi un agasallo dos franceses ao pobo americano

























Estamos facendo moitas outras cousas na aula, pois xa comezamos cos ensaios para a nosa actuación no Festival de Fin de Curso. Tivemos tamén dúas propostas obrigatorias ao longo destas semanas, unha relacionada co Proxecto Ríos e outra cunha pequena secuencia didáctica que estamos levando a cabo na aula e ten por protagonista ao Principiño. Seguimos viaxando co Proxecto Egeria e desta volta navegamos polo mar Mediterráneo e vivimos as aventuras de Ulises. Pintamos un mural no patio coa axuda da profe Teté,... pero todas estas cousas deixámolas para amosárvolas outro día

😉