domingo, 18 de junio de 2017

Máis Recreacións

Seguen chegando algunhas recreacións para o noso recuncho de infantil
MOITAS GRAZAS FAMILIAS !!
 PAULO elexiu os xirasois de Van Gogh
 PAULA SANTIAGO converteuse na famosa Mona Lisa de Leonardo da Vinci
 
 AITANA CITOULA recreou unha obra de Frida Kahlo
 
SASHA e o seu irmá EROS, recrearon os anxiños da obra "Madonna Sixtina" de Rafael
 
E AITANA RIVAS caracterizada como "o cabaleiro da man no peito" non pode estar mellor !
 
Aproveitamos esta entrada para contarvos que os peques de infantil estamos participando na elaboración da decoración do escenario para o día do festival.
 
 
 
 
Xa sabedes que estamos ensaiando cada día un pouco para que a nosa actuación saia de rechupete. 

 
 
 
 
 
Este venres xa levamos para casa as camisetas que teremos que traer postas o día do festival.
 
E pensaredes,... como aguantan este ritmo de traballo @s Sementeir@s? pois menos mal que AITANA RIVAS de vez en cando nos trae unha dose extra de azucre escondido en forma de galletas de nata que, por certo, están deliciosas !! 
 
 
 

sábado, 17 de junio de 2017

Dobre Aniversario

Este mércores tivemos celebración por partida dobre na Sementeira porque, casualidades da vida, as nosas compañeiras CAROLINA e NOELIA naceron o mesmo día.
 
Chegaron cargadiñas de galletas, chuches e ata un regalo para a biblioteca de aula. Pero o primeiro de todo foi decorar as coroas e despois tod@s demos boa conta das galletas.
 
 
 
 
 
 
 
 
O libro que nos regalou Carolina titúlase "A casa da mosca chosca"
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 Antes de marchar Carolina repartiu chuches e quedamos encantad@s !