martes, 30 de enero de 2018

Cumple de Lucas

Hoxe día 30 o noso compañeiro LUCAS festexou o seu sexto aniversario e tivemos galletas e chuches para tod@s
E para as profes ricos bombóns. Moitas grazas Lucas

lunes, 29 de enero de 2018

As Decenas

As matemáticas son divertidas, creativas, interesantes e cheas de posibilidades.
 Iso sabémolo moi ben na Sementeira e a semana pasada aventurámonos a traballar un novo concepto matemático: a decena. Achegámonos este concepto tan abstracto xogando cos tapóns que reciclamos cada día na aula. 
Despois de explicar que unha decena está composta por dez unidades, as consignas foron as seguintes: primeiro tiñamos que facer un conxunto con dez tapóns iguais e despois os dez tapóns debían ser todos diferentes.
Para rematar fixemos unha actividade impresa. Tiñamos que pegar unha decena de pegatinas mariñeiras.