jueves, 25 de enero de 2018

Debuxo Cooperativo

Temos equipos novos na aula.
 Unha vez colocados no noso novo sitio tivemos que poñernos dacordo e elexir un nome para o equipo. Fixemos unha votación e o resultado final foi este:
TIBURÓN MARTILLO QUE VIVE CON UNA SIRENA
DELFÍN AMIGO DE UNA TORTUGA DE MAR
A primeira tarefa que fixemos como equipo foi un debuxo cooperativo. Tiñamos que centrarnos no nome do noso equipo e debuxar algo relacionado. Fixemos o debuxo de dous en dous nun folio de tamaño A3. O resto do equipo tiña que estar moi atento e avisar aos compañeiros que estaban debuxando se esquecían algún detalle importante no seu debuxo. Foi unha actividade que nos gustou moito e pasamos un rato moi divertido. Agora soamente falta darlle cor ao noso debuxo final.
Esta actividade axudounos tamén a:
- Aceptar as decisións da maioría.
- Axudar aos compañeiros-as.
- Favorecer a participación activa de todos os membros do equipo.
- Mellorar a nosa organización e participación como grupo de traballo.
- Pedir axuda cando a precisamos.
- Non rexeitar a axuda dun compañeiro-a.
- Traballar en silencio.
Equipo DELFÍN AMIGO DE UNA TORTUGA DE MAR

DEBUXO COOPERATIVO
EQUIPO TIBURÓN MARTILLO QUE VIVE CON UNA SIRENA
DEBUXO COOPERATIVO

2 comentarios:

  1. Jajajaja unos nombres de equipo muy originales!!

    ResponderEliminar
  2. Vaya dos equipazos ya le gustaría al Madrid y al Barsa tener esas dos plantillas

    ResponderEliminar