Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de junio de 2015

Taller de Modelaxe

Antes de rematar a nosa andadura por infantil tivemos a sorte de contar coa visita de Camilo, o papá da nosa compañeira Carmen. Xa todos coñecemos a súa profesión pois a nosa aula leva o nome dunha das súas esculturas e tiñamos moitas ganas dunha clase práctica onde poñer en uso os consellos dun experto escultor coma él. Moitas, moitas grazas Camilo pola túa voa disposición para desenvolver esta actividade!
Aquí están as fotos da actividade que se levou a cabo con todas as aulas de educación Infantil

miércoles, 20 de mayo de 2015

Ioga

O venres pasamos unha tarde moi especial en Educación Infantil pois ANIA, tía da nosa compañeira de catro anos Nora,  que é monitora de ioga e unha grande experta no tema, ofreceuse a darnos unha clase onde puidemos coñecer un pouco máis desta disciplina. Dende a clase de cinco anos queremos AGRADECER ENORMEMENTE a boa disposición de Ania, todo o que nos ensinou en tan pouco tempo e a gran dose de paciencia que demostrou ter. MOITAS GRAZAS ANIA! Esperamos verte pronto!!








 Para rematar a sesión tivemos uns intres de relaxación
 Para rematar, sacamos unha foto de grupo para ter de recordo deste día tan fantástico