miércoles, 20 de abril de 2016

Un Gran Concerto

O pasado venres día 15 todas as aulas de Educación Infantil subimos á biblioteca do cole para disfrutar dun fabuloso concerto a cargo de XOÁN CURIEL
 Foi unha tarde memorable. O concerto estivo divertidísimo e Xoán trouxo un repertorio moi variado, engadindo algunha canción africana que nos encanta, instrumentos de percusión que nos deixou tocar,... e un montón de sorpresas que foi desvelando ao longo da súa actuación.








Dende aquí queremos dar as GRAZAS á profe Teté por organizar unha actividade tan estupenda e a Xoán polo gran concerto ofrecido e,... como lle dixo o noso compañeiro Dani da clase de 4 anos...
ERES O MELLOR !!!
Temos moitos videos gravados desta tarde tan divertida. Mandarémolos non "pen" do terceiro trimestre para que os poidades disfrutar na casa.
No blogue da aula de 5 anos podedes ver tamén un anaco da actuación de Xoán. Aquí vos deixamos o enlace
XOÁN ERES O MELLOR
E tamén compartimos con tod@s @s que nos visitades a canción que máis nos gustou na Sementeira: "estamos no verán"

No hay comentarios:

Publicar un comentario