miércoles, 28 de octubre de 2015

Preparando a festa...

Hoxe estivemos dando os últimos retoques aos adornos da festa do Samaín de do Magosto que celebraremos no cole este xoves. A tarefa consistía en decorar con gomets as bandeiras que imos a colgar para ambientar as zonas comúns de Educación Infantil.
Así están quedando,...
Onte e máis hoxe chegaron as últimas bruxas para o concurso. Son impresionantemente....MONSTRUOSAS !!
A ver se hai sorte e algunha bruxa sementeira leva premio
Xa temos case rematado o noso cesto para as castañas do magosto. Onte coloreamos unha castaña á que mediante un "abracadabra" lle saíron brazos e pernas (iso si que é maxia da boa)
Estamos coñecendo un montón de novas cancións relacionadas co samaín; aquí vos deixamos os enlaces a algunhas das nosas favoritas para que tamén as disfrutedes na casa
Tamén o pasamos moi ben cantando e dramatizando cancións en inglés
Esta é das nosas preferidas. Pronto gravaremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos
Con estas cancións en inglés estamos aproveitando para aprender moito vocabulario  relacionado co Halloween. Nas seguintes fotos estamos xogando a adiviñar a palabra que nos di a profe (in English), collendo a imaxe que se corresponde
Aproveitamos esta entrada para contarvos que Pepe segue de visita polas casas; Desta volta está pasando uns días con LÍA e a súa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario