sábado, 24 de octubre de 2015

Concursos

Aproveitando a festividade do Samaín e do Magosto, no cole temos en marcha varios concursos monstruosos: debuxos, relatos, fotos e bruxas enchen o noso corredor estes días.
Dende a aula Sementeira tivemos varias aportacións
DANIELA trouxo un debuxo e unha bruxa
LUCAS participa no concurso cos seus debuxos decorados
O monstro de PAULA mete moito medo
E ANXO participa coa súa bruxa
Moitas grazas pola vosa participación !!
O venres pola tarde estivemos vendo todos os traballos feitos polos compis e eliximos os que máis nos gustaban
A nosa clase tamén a temos decorada. As nosas xanelas meten medo, mirade...
Estamos preparando unha decoración terrorífica para o xoves, día da festa. Pronto poderedes vela rematada

No hay comentarios:

Publicar un comentario