sábado, 24 de octubre de 2015

Pepe

O noso amigo Pepe, a mascota da Sementeira, está desexando pasar uns días na vosa casa.
Na maleta que viaxa con Pepe teredes á vosa disposición unhas follas para que escribades e nos contedes todo o que fixestes con Pepe. Poderedes incluír tamén fotos e debuxos das vosas aventuras.
 Esta é a maleta onde viaxa Pepe
Pepe tamén leva o seu conto favorito e un cepillo de dentes (pois na aula os nenos e nenas consideramos moi necesario que Pepe teña unha boa hixiene bucodental)
Se vos animades podedes incluir na maleta máis equipaxe para Pepe. Botádelle imaxinación !!
O primeiro sementeiro en levar a Pepe de viaxe foi ANXO (estamos a seguir a orde de lista)
Anxo e a súa familia  decidiron incluír na equipaxe de Pepe un secador de pelo.
pollo pepe peluche
 Xa estivo na casa de ALEJANDRO e este fin de semana visita a casa de SARA.
Tod@s estamos desexando levalo connosco !!
Cando remate a súa viaxe elaboraremos un libro con todas as vosas aportacións para que o poidades disfrutar en familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario